COMEDOR – ALIMENTACIÓN – SONO

A alimentación é unha das funcións vitais que pasa por diferentes etapas dende o nacemento e que, como todo, é esencial que sexa un momento de disfrute sen forzar nin acelerar procesos e respectando cada etapa.

Cando comezan na escola os máis bebés, con 3 ou 4 meses é moi importante para nós facer unha entrevista coa familia para intentar manter o máximo posible os bioritmos e hábitos da casa en canto a alimentación e sono.

Como mulleres, como nais e como profesionais da educación infantil estamos comprometidas con acompañar e facilitar a lactancia, tanto materna como de leite de fórmula.

Damos bibes no coliño e se é preciso incluso por cuchara se algún bebé non quere o biberón.

Se eres unha nai que lle da peito ao teu bebé a incorporación á escola infantil non será un problema nesta escola para manter a LM.

Unha vez que comeza a alimentación complementaria, e seguindo a nosa liña de traballo de fomentar o máximo a automía dos nenos e das nenas, somos partidarias de fomentar o método “BLW” ( Baby-led weaning), que se coñece como introducción da alimentación complementaria autoregulada ou baixo demanda e consiste nunha forma de incorporar sólidos gradualmente e eliminando a fase de purés.

En todo caso, isto non quere dicir que non se den purés na escola. Respectamos, como non podería ser de outra forma, as preferencias e os hábitos de cada familia adaptándonos ás necesidades individuais de cada caso e intentando respectar ao máximo os ritmos e costumes de cada crianza. O importante é que a “fase dos purés” sexa unha etapa de transición gradual cara a alimentación sólida.

Temos unha máxima no comedor da nosa Escola que é “non entra culler en boca pechada”, non se forza nunca nin se obriga baixo ningún concepto a comer a ninguén.

Baixo ningún concepto se obrigará nunca a un neno ou nena a comer ningún alimento que non queira. Intentaremos ofecerllo o máis apetitoso posible, cantar e facer xogos que amenicen mentras comemos. Se fose preciso (porque aínda non esté habituado/a aos sólidos) podemos ofrecerlle a comida en versión puré pero nesta escola nunca se obrigará a un neno/a a comer .

Na Bule Bule non usamos pantallas: non hai televisores nin tablets, polo que obviamente o comedor é un lugar libre de estímulos dixitais. Creemos firmemente que é algo positivo e animamos ás familias a que, alo menos durante o tempo da comida, na casa se faga o mesmo.

Respecto á comida que se sirve no comedor da Escola cabe sinalar que estamos moi comprometidas con inculcar hábitos saludables na infancia e alimentos sanos e equilibrdos.

Unha nutricionista elabora os menus mensuais adaptados ás necesidades desta idade.

No comedor da Bule Bule apostamos por menus equilibrados libres de frituras, azúcares e procesados.

EDUCACIÓN INFANTIL DE 0 A 3 ANOS

A Escola ofrece o servizo educativo de Luns Venres en horario de 7.45 h a 16.00 h

SERVIZO COMPLEMENTARIO DE 3 A 8 ANOS

Para non perder o contacto cos nosos buliños e buliñas maiores e seguir formando parte do seu crecemento, en Bule Bule ofrecemos ESCOLA DE VERÁN e OBRADOIROS en horario extraescolar e periodos vacacionais para nenos e nenas de 3 a 8 anos.

OBRADOIROS EN FAMILIA

Unha das cousas que máis nos gusta é face xuntanzas coas familias. A veces para falar de crianza, para formación, para un obradoiro de area ou de luz, para un concerto, para unha festa de fin de curso, para facer un video, para unha excursión …

Compartir momentos de ocio é enriquecedor e crea vínculos que continúan incluso fóra da escola.

ESCOLA DE VERÁN

No mes de Xullo, e sempre que teñamos dispoñibilidade de espazo nas instalacións da escola organizamos a Escola de verán para crianzas de 3 a 8 anos. É unha forma de volver a encontrarnos con compañeiros e compañeiras e seguir aprendendo e desfrutando xuntos.

GABINETE PSICOLÓXICO E LOGOPEDA

No caso de que algunha familia demande o servizo, contamos con profesionais de referencia especializados en tratar coa infancia para poder facer unha derivación e incluso traballar de maneira coordinada e marcando obxectivos en común.